Club de Ocio

OS NOSOS SERVIZOS Centro OcupacionalCentro Especial de Empreo

Club de Ocio

OS NOSOS SERVIZOS Centro OcupacionalC. Especial de Emprego

As actividades de Ocio e as saídas culturais son unha parte importante do centro. Estas serven para que as persoas compartan momentos de ocio e diversión, aprendan nas saídas culturais e formen recordos inesquecibles cos seus compañeir@s e amig@s.

O Club de Ocio é o servizo dende o cal se planifican as saídas culturais e de ocio ó longo de todo o ano. Na actualidade creouse unha reunión de planificación mensual na cal todas as persoas usuarias da entidade deciden, planifican e xestionan as saídas do mes próximo fomentando a autonomía persoal, a autodeterminación e a libre elección do seu ocio no tempo libre.

Senderismo

Agora en serio

Visita a Ferrol

Cea de verán

Paseo en Caión

Palco VIP Riazor

Na Feira Medieval

Paseo pola Mariña

Visitas culturais

¿Quen formará parte do Clube de Ocio?

  • Usuarios/as do Centro Ocupacional Artefíos
  • Traballadores do Centro Especial de Emprego
  • Persoas con discapacidade intelectual superior ao 33%, maior de idade rexistrado na lista de usuarios/as de Actividades de Ocio.

¿Cal será o procedemento?

Para formar parte do Club de Ocio de Artefíos será necesario:

  • Cubrir as Fichas de Datos, que serán facilitadas pola asociación.
  • Fotocopia de DNI e fotocopia do Certificado Oficial de Discapacidade.
  • Fotocopia de DNI do titor en caso de incapacidade legal.

Actividades:

O Club de Ocio levará a cabo diversas actividades ó longo do ano, decididas, planificadas e xestionadas mensualmente, que se engloban en tres grandes bloques:

  • Saídas culturais, deportivas, educativas e recreativas.
  • Saídas de diversión pola cidade.
  • Excusións a lugares de interese turístico.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies