Asociación Artefíos

COÑÉCENOS MELLOR

Asociación Artefíos

COÑÉCENOS MELLOR

MISIÓN

A Asociación para a Inclusión de Persoas con Diversidade Funcional atende as necesidades das persoas con discapacidade intelectual de A Coruña, no ámbito laboral, social e persoal, a través dun centro ocupacional e un centro especial de emprego, para facilitar o seu desenvolvemento nun ambiente de confianza e respecto.

VALORES

  • Confianza no desexo de alcanzar a nosa visión.
  • Respecto. Queremos facer as cousas ben, respectando a liberdade individual, a dignidade e a igualdade.
  • Transparencia. Transmitimos unha información clara e dispoñible a tódolos membros da organización.
  • Apertura ó exterior. Aberta a novos coñecementos, experiencias e intercambios.
  • Integración. Esforzámonos pola integración plena das persoas con discapacidade intelectual.
  • Participación. A opinión de tódolos membros da entidade é importante, posto que todos xuntos temos a forza para mellorar.
  • Solidariedade. Traballamos para favorecer o desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual.
  • Traballo en equipo. Traballamos de maneira conxunta, baseándonos no diálogo e a colaboración para lograr alcanzar a nosa misión.

VISIÓN

Perseguimos que a asociación preste máis servizos ós usuarios e que cubra todas as necesidades das persoas con discapacidade intelectual, que sexa coñecida no exterior e que os usuarios alcancen un desenvolvemento persoal pleno, nun ambiente integrador, participativo, de convivencia e ilusión.

POLÍTICA DE CALIDADE

A Xunta Directiva de Artefíos asegura o cumprimento de toda a normativa de aplicación e mellora continua do sistema de xestión de calidade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies