A Asociación

Dende 1989

Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual.  A nosa misión é a mellora da calidade de vida dos nosos usuarios/ as a través dun centro ocupacional e un centro especial de emprego.

Coñécenos un pouco mellor

Coñécenos mellor

Día del Beso

En ARtefíos celebramos o día internacional do bico con este estupendo vídeo. Qué vos perece o resultado?

Xogando co Croma

Aquí tendes o resultado do noso último taller de fotografía. Esperamos que vos guste!! Moitas gracias ao noso Voluntario Rafa

Taller de Musicoterapia

Deixámosvos un vídeo xenial para que poidades ver o ben co pasamos no taller de Musicoterapia.

Coñécenos mellor
Os nosos Centros

É un servizo de atención diúrna destinado a persoas de entre 18 e 60 anos, con diversidade funcional no eido intelectual e necesidades de apoio límite e intermitente.

A súa principal finalidade é proporcionar un emprego remunerado e a adquisición das habilidades precisas para o tránsito ao emprego ordinario.

Outros Servizos

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

Artefios informa as familias e usurias/os sobre os seus dereitos e os recursos sociais existentes. Desde este servizo atendemos todas as demandas que poidan expornos, e enviámoslles de forma puntual todas as noticias destacadas da asociación e da comunidade.

ATENCIÓN A FAMILIAS

O equipo multidisciplinar de profesionais da asociación orienta ás familias na toma de decisións en relación ao axuste persoal e familiar dos usuarios/ as e proporciona o apoio necesario en situacións de crise. Esta atención desenvólvese a través de intervención directa (consultas telefónicas, reunións persoais) e con actividades formativas

COMEDOR

No servizo de comedor fomentamos hábitos alimenticios saudables, ofrecendo aos nosos usuarios e usuarias unha dieta equilibrada. Ademais, permítenos reforzar habilidades instrumentais para a vida diaria como: organizar a mesa, tarefas de limpeza, cal é o protocolo á hora para comer, regras e cortesía.

PSICOLOXÍA

Todas as semanas os/ as usuarios/ as de Artefios teñen dinámicas grupais e de atención individualizada co noso psicólogo. Tamén se organizan talleres informativos para as familias enmarcados dentro do plan de axuste persoal e social.

Colaboradores
  • Contrato de prestación de servizos
  • Subvención do custo salarial para o mantemento de centros especiais de emprego
  • Unidades de Apoio: Subvención ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego, no marco dos servizos de axuste persoal e social.
  • Programa de cooperación (subvención para a contratación de traballadores desempregados)
  • Convenio de colaboración para a realización dun taller ocupacional
  • Subvención a actividades de interese social en materia de Igualdade e Diversidade. Fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo
  • Convenios de colaboración na área de mantenemento e actualización do centro
Colaboradores
  • Contrato de prestación de servizos
  • Convenio de colaboración para a realización dun taller ocupacional
  • Subvención do custo salarial para o mantemento de centros especiais de emprego.
  • Unidades de Apoio: Subvención ás uidades de apoio á actividade profesional dos cedntros especiais de emprego, no marco dos servizos de axuste persoal e social.
  • Programa de cooperación (subvención para a contratación de traballadores desempregados)
  • Convenio de colaboración na área de mantenemento
Contacta con nós
*O noso horario é de luns a venres de 9.00 a 17.00 horas
Xullo: de 9.00 a 15.00 horas
Agosto: pechado
+34 981 12 97 88 artefios@artefios.org
Rúa Simón Bolívar, 23 | 15.011 | A Coruña
Contacta con nós
 +34 981 12 97 88  R/Simón Bolívar, 23 |15.011|A Coruña  artefios@artefios.org
*O noso horario é de luns a venres de 9.00 a 17.00 horas
Xullo: de 9.00 a 15.00 horas
Agosto: pechado

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies