Dous dos talleres que acaban de finalizar e axudáronnos a fomentar a nosa creatividade, foron: TEATRO e Dj INCLUSIVO. Con tal motivo o pasado sábado 15 de xuño levamos a escena, baixo a dirección de Xiana do Río (grazas mil), a obra de teatro, TÚ PUEDES, unha historia de superación e optimismo
E unha music session na Sala o Túnel do Coliseum da Coruña como peche do obradoiro DJ Inclusivo. Grazas á Asociación Cultural Negus, <Javi e Dani sodes os mellores>, e á Fundación Emalcsa por apostar por proxectos cuxa finalidade é a inclusión de colectivos como o noso a través da música