A Asociación
Dende 1989
Asociación para a inclusión das persoas con diversidade funcional. A nosa misión é a mellora da calidade de vida dos nosos usuarios/ as a través dun centro ocupacional e un centro especial de emprego.
Coñécenos un pouco mellor
Día del Beso
Xogando co Croma
Taller de Musicoterapia
Deixámosvos un vídeo xenial para que poidades ver o ben co pasamos no taller de Musicoterapia.
É un servizo de atención diúrna destinado a persoas de entre 18 e 60 anos, con diversidade funcional no eido intelectual e necesidades de apoio límite e intermitente.
A súa principal finalidade é proporcionar un emprego remunerado e a adquisición das habilidades precisas para o tránsito ao emprego ordinario.
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO
Artefios informa as familias e usurias/os sobre os seus dereitos e os recursos sociais existentes. Desde este servizo atendemos todas as demandas que poidan expornos, e enviámoslles de forma puntual todas as noticias destacadas da asociación e da comunidade.

ATENCIÓN A FAMILIAS
O equipo multidisciplinar de profesionais da asociación orienta ás familias na toma de decisións en relación ao axuste persoal e familiar dos usuarios/ as e proporciona o apoio necesario en situacións de crise. Esta atención desenvólvese a través de intervención directa (consultas telefónicas, reunións persoais) e con actividades formativas

COMEDOR
No servizo de comedor fomentamos hábitos alimenticios saudables, ofrecendo aos nosos usuarios e usuarias unha dieta equilibrada. Ademais, permítenos reforzar habilidades instrumentais para a vida diaria como: organizar a mesa, tarefas de limpeza, cal é o protocolo á hora para comer, regras e cortesía.

PSICOLOXÍA
Todas as semanas os/ as usuarios/ as de Artefios teñen dinámicas grupais e de atención individualizada co noso psicólogo. Tamén se organizan talleres informativos para as familias enmarcados dentro do plan de axuste persoal e social.




- Contrato de prestación de servicios
- Subvención del coste salarial para el mantenimiento de centros especiales de empleo.
- Unidades de Apoyo: Subvención a las unidades de apoyo a la actividad profesional de los centros especiales de empleo, en el marco de los servicios de ajuste personal y social.
- Programa de cooperación (subvención para la contratación de trabajadores desempleados)
- Convenio de colaboración para la realización de un taller ocupacional
- Subvención a actividades de interés social en materia de Igualdad y Diversidad. Fortalecimiento y empoderamiento del movimiento asociativo
- Convenio de colaboración en el área de mantenimiento y actualización del centro

Xullo: de 9.00 a 15.00 horas
Agosto: pechado
