Un ano máis participamos na actividade Museo en movemento  organizada pola asociación de amigos do Museo de Belas Artes da Coruña e patrocinado pola Fundación Emalcsa.

Unha iniciativa que aposta pola Cultura Inclusiva e por achegar as obras de pintores relevantes a colectivos como o noso.

Este ano a actividade centrouse na figura de Luís Seoane, un dos artistas máis destacados do pasado Século XX

Grazas a Laura, Lucía e Patricia puidemos coñecer de primeira man a achega deste xenio da pintura galega á nosa historia e descubrir como plasmaba co seu estilo cubista e colorista, instantes cotiáns da cidade da Coruña que vagaban polo seu recordo cando vivía moi lonxe da súa terra querida.

Ademais tivemos a oportunidade de estimular a nosa creatividade emulando unha das obras do xenial artista. Este foi o resultado

Grazas á Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña e á Fundación Emalcsa por apostar por proxectos como este.

 

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies