Albert Einstein dicía que a creatividade é a intelixencia divertíndose. En Artefios sabemos que supón unha ferramenta fundamental para explorar e reforzar habilidades internas (imaxinación, autoestima, pensamento diverxente, seguridade..), <moitas veces adurmiñadas pola rutina> e desta forma ir a un lugar mellor de nós e así compartir co mundo unha versión optimizada da nosa esencia.

Dous dos talleres que acaban de finalizar e axudáronnos a fomentar a nosa creatividade, foron: TEATRO e Dj INCLUSIVO. Con tal motivo o pasado sábado 15 de xuño levamos a escena, baixo a dirección de Xiana do Río (grazas mil), a obra de teatro, TÚ PUEDES, unha historia de superación e optimismo

E unha music session na Sala o Túnel do Coliseum da Coruña como peche do obradoiro DJ Inclusivo. Grazas á Asociación Cultural Negus, <Javi e Dani sodes os mellores>, e á Fundación Emalcsa por apostar por proxectos cuxa finalidade é a inclusión de colectivos como o noso a través da música

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies