Asociación Artefíos
COÑÉCENOS MELLORAsociación Artefíos
COÑÉCENOS MELLORMISIÓN
A Asociación para a Inclusión de Persoas con Discapacidade Intelectual atende as necesidades das persoas con discapacidade intelectual de A Coruña, no ámbito laboral, social e persoal, a través dun centro ocupacional e un centro especial de emprego, para facilitar o seu desenvolvemento nun ambiente de confianza e respecto.
VALORES
- Confianza no desexo de alcanzar a nosa visión.
- Respecto. Queremos facer as cousas ben, respectando a liberdade individual, a dignidade e a igualdade.
- Transparencia. Transmitimos unha información clara e dispoñible a tódolos membros da organización.
- Apertura ó exterior. Aberta a novos coñecementos, experiencias e intercambios.
- Integración. Esforzámonos pola integración plena das persoas con discapacidade intelectual.
- Participación. A opinión de tódolos membros da entidade é importante, posto que todos xuntos temos a forza para mellorar.
- Solidariedade. Traballamos para favorecer o desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual.
- Traballo en equipo. Traballamos de maneira conxunta, baseándonos no diálogo e a colaboración para lograr alcanzar a nosa misión.
VISIÓN
Perseguimos que a asociación preste máis servizos ós usuarios e que cubra todas as necesidades das persoas con discapacidade intelectual, que sexa coñecida no exterior e que os usuarios alcancen un desenvolvemento persoal pleno, nun ambiente integrador, participativo, de convivencia e ilusión.
POLÍTICA DE CALIDADE
A Xunta Directiva de Artefios asegura o cumprimento de toda a normativa de aplicación e mellora continua do sistema de xestión de calidade, Seguindo esa política de mellora constante, en 2018 conseguimos o Certificado AENOR de Xestión de Calidade, ISO 9001 pola nosa prestación de servizos de prevención de “as situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal a persoas con diversidade funcional”
